Bonxe (San Mamede)
Parroquia pertencente ao arciprestado de Aguiar e á diocese de Lugo. Linda coas parroquias de Matela (N e NO), San Lourenzo de Aguiar (NE), Mosteiro (E e SE), Robra (S e SO) e San Xoán de Outeiro de Rei (O); presenta unha extensión de 6,2 km2 e dista 3,2 km da capital do municipio.
Os seus habitantes están distribuídos en 9 barrios:
Esta parroquia, bañada polos regos de Santa Marta, dos Fornos e da Pontella ten o seu punto máis alto no Cordal de Penelas (566 m) e está atravesada pola liña de ferrocarril A Coruña – Palencia; nela sitúase o Centro Penitenciario de Bonxe, así como o Club de Campo e Tiro equipado con dúas piscinas, catro canchas de tenis e un campo de fútbol. Pero se por algo ten fama en toda Galicia esta parroquia é pola súa cerámica, a OLERÍA DE BONXE a cal, fabricada dun xeito tradicional, é unha das cerámicas ancestrais que perviven en Galicia.
Festividades:
Romaxe na honra á Virxe do Rosario a finais de setembro.
Festa na honra a San Mamede a fin de semana que coincide entre o 15 e o 22 de agosto.