O Concello de Outeiro de Rei recomenda ás persoas participantes este sábado 6 de xullo na V CARREIRA SOLIDARIA DO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI, sobre todo ás persoas inscritas na categoría absoluta, que estacionen os seus vehículos na explanada do pavillón de deportes de Outeiro de Rei (preto do colexio) ou tamén na rúa Barrio Soborvila (rúa do Centro Médico).
Dende ambos espazos poderán chegar facilmente ao punto de saída da carreira, situado nas proximidades da Praza do Concello, a fin de non causar colapsos innecesarios nas proximidades á mesma.
Rematada a competición poderán facer uso das duchas existentes no pavillón municipal de deportes.