Aspai (San Cibrao)
Parroquia pertencente ao arciprestado de Narla e á diocese de Lugo. Delimitada polas parroquias de Francos (N), Martul (NE), Parada (E e SE), Vicinte (SO e O), Candai (NO) e polo concello de Lugo (S); presenta unha extensión de 6,9 km2 e dista 8 km da capital do municipio.
Conta con 5 barrios:
Esta parroquia destaca por ser zona de boa pedra de granito, alcanza a súa máxima altitude no lugar do Couto de Province (550 m); pasan por ela o Rego de Province e o Rego de Porto Pres.
Da súa riqueza arqueolóxica cómpre destacar a abundante concentración de mámoas (un grupo de 10 – 11 sitas no citado Coto de Province; así como o Castro de Candai, emprazado nos límites entre as parroquias de Candai e Aspai; e, por último, o cruceiro de Santa Comba construído no ano 1897.
Festividades:
O 16 e 17 de setembro na honra a San Cibrao.
Antigamente celebrábanse dúas festas máis:
• A festa dos mozos (o 1 de marzo, día do Anxel).
• A festa das mozas (o 8 de decembro, día da Inmaculada Concepción).