formación

O curso que comeza hoxe no Centro Cultural de Robra forma parte dun paquete de tres accións formativas incluídas no proxecto GALEGAS DIXITAIS.

As accións formativas que se van levar a cabo son:  COMPETENCIAS DIXITAIS BÁSICAS, COMPETENCIAS DIXITAIS AVANZADAS e INICIACIÓN EN COMPETENCIAS DIXITAIS BÁSICAS PARA O EMPRENDEMENTO, formación dirixida toda ela a mulleres preferentemente desempregadas e pertencentes a concellos de menos de 30 000 habitantes.

Este proxecto está financiado pola Unión Europea no marco do plan de recuperación, transformación e resiliencia – Next Generation -, a través da Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

A organización e impartición da formación corre a cargo da entidade UTE ARA BEPROJECT que conta coa colaboración do Concello de Outeiro de Rei.

O obxectivo da formación é que as participantes aprendan a usar as novas tecnoloxías para o día a día mellorando a súa capacidade de empregabilidade.

Na inauguración do curso realizada hoxe estivo presente o alcalde, José Pardo Lombao, e o responsable da empresa, Eduardo García-Zabarte Freire.