Arcos (San Pedro)

Parroquia incluída baixo o arciprestado de Aguiar e a diocese de Lugo. Delimitada polas parroquias de Paz (S e SO) e Sobrada (O e NO) e polo concello de Castro de Rei (N, NE, E e SE); presenta unha extensión de 2,5 km2 e dista 8,6 km da capital do municipio.

A parroquia divídese en 6 aldeas:

  • Bullas
  • A Cabana
  • O Cruceiro
  • O Pecouzo
  • A Torre
  • O Bidral

Terra chaira, non supera os 400 m. de altitude media, posúe canteiras de granito e area; bañada polos regos das Veigas de San Lourenzo e de Bullas.

Como vestixios prehistóricos atopámonos cun grupo de 7 – 8 mámoas localizadas preto da aldea de Bullas, de acordo ao estudio realizado por Xoán F. Núñez e Laura Rodríguez Varela “Arqueología de Outeiro de Rei: mámoas e outros restos” publicado na revista Croa, nº 5 (1995).

O esplendor que viviu o municipio na Idade Media, plásmase nesta parroquia coa presenza de dúas casas señoriais: o Pazo de Miraz (hoxe dedicado a casa de labranza) e a Casa-Torre de Arcos, hoxe desaparecida e da que só temos noticia a través das fontes bibliográficas.

Por último destacar a presenza de dous cruceiros; un deles do ano 1883.

Festividades:

Festa na honra á Virxe das Angustias, celébrase o fin de semana coincidente ou posterior ao día 14 de setembro.
Neste día venérase tamén o Santo Ecce Homo.