O Concello de Outeiro de Rei recibiu resolución da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade de concesión dunha axuda por importe de 531 046,20 euros para a realización do proxecto de obradoiro dual de emprego denominado Santa Isabel V que se desenvolverá nos municipios de Outeiro de Rei, Castro de Rei e Cospeito.
A solicitude de subvención para a posta en marcha do mesmo foi realizada conxuntamente polos citados Concellos, sendo tramitada nesta ocasión polo Concello de Outeiro de Rei, promotor do obradoiro.
O obradoiro dual de emprego Santa Isabel V é un programa mixto de formación e emprego dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas a través da súa cualificación profesional en alternancia coa adquisición de experiencia laboral mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de utilidade pública ou de interese social.
Para este obradoiro, serán seleccionados un total de 20 alumn@s-traballador@s desempregad@s; 6 para Outeiro de Rei e 7 para cada un dos concellos restantes. Todas estas persoas estarán contratadas durante doce meses cun contrato para a formación en alternancia.
A selección de persoas beneficiarias realizarase previa oferta á oficina de emprego Lugo Sur (no caso dos concellos de Outeiro de Rei e de Castro de Rei) e á oficina de emprego de Vilalba (para o caso das persoas demandantes de emprego de Cospeito).
Recomendase ás persoas que estean interesadas, que manifesten á maior brevidade nas súas respectivas oficinas de emprego o seu interese en participar na selección.
As especialidades formativas que está previsto se impartan en cada concello son as seguintes:
CONCELLO DE OUTEIRO DE REI
EOCB0110 Pintura decorativa en construción
EOCB0311 Pintura industrial en construción (deste certificado soamente se impartirá o módulo
MF1936_2)
Certificado de profesionalidade de nivel 2 que se combina cun módulo do certificado de Pintura industrial en construción do mesmo nivel.
CONCELLO DE CASTRO DE REI
EOCB0109 Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción
EOCB0209 Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (deste certificado impartiranse os módulos MF 1320_1 e MF 1321_1)
EOCB0208 Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas (deste certificado soamente se impartirá o módulo MF0142_1)
Certificado de profesionalidade de nivel 1 que se combina con módulos dos certificados de Operaciones auxiliares de acabados ríxidos e urbanización e Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas, ambos certificados do mesmo nivel.
CONCELLO DE COSPEITO
EOCB0209 – Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización
EOCB0211–Pavimentos e albanelaría de urbanización
EOCB0108–Fábricas de albanelaría
Certificado de profesionalidade de nivel 1 que se combina con módulos de dous certificados de profesionalidade de nivel 2 (Pavimentos e albanelaría e Fábricas de albanelaría), nivel requirido para acceder á formación.
Todos os alumn@s-traballador@s deberán cumprir os requisitos sinalados no Real decreto que regule os respectivos certificados de profesionalidade que se impartirán en cada concello e os demais requisitos esixidos nas bases para a selección das persoas traballadoras participantes neste obradoiro que proximamente se farán públicas.
Igualmente, proximamente se realizará oferta para cubrir os postos de persoal directivo, docente e administrativo/a deste obradoiro dual de emprego.