Recentemente, a Consellería de Emprego e Igualdade notificoulle ao Concello de Castro de Rei a resolución de concesión dunha axuda por importe de 346.946,00 € para a realización do proxecto de obradoiro dual de emprego denominado Camiño da Chaira  VI que se desenvolverá nos municipios de Castro de Rei, Cospeito e Outeiro de Rei.

A solicitude de subvención para a posta en marcha do mesmo, realizada conxuntamente polos citados Concellos, foi tramitada nesta ocasión polo Concello de Castro de Rei, promotor do obradoiro.

O obradoiro dual de emprego Camiño da Chaira VI é un programa mixto de formación e emprego dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas a través da súa cualificación profesional en alternancia coa adquisición de experiencia laboral mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de utilidade pública ou de interese social.

Para este obradoiro, serán seleccionados un total de 20 alumn@s-traballador@s desempregad@s; 6 para Castro de Rei e 7 para cada un dos concellos restantes. Todas estas persoas estarán contratadas  durante nove meses cun contrato de formación e aprendizaxe.

A selección de persoas beneficiarias realizarase previa oferta á oficina de emprego Lugo Sur (no caso dos concellos de Castro de Rei e de Outeiro de Rei) e á oficina de emprego de Vilalba (para o caso das persoas demandantes de emprego de Cospeito).

Recomendase ás persoas que estean interesadas, que manifesten á maior brevidade nas súas respectivas oficinas de emprego o seu interese en participar na selección.

As especialidades formativas que está previsto se impartan en cada concello son as seguintes:

CONCELLO DE CASTRO DE REI

EOCB0109 Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción

Certificado de profesionalidade de nivel 1.

CONCELLO DE COSPEITO

EOCB0209- 0peracións auxiliares en acabados ríxidos e urbanización

Certificado de profesionalidade de nivel 1.

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

EOCB0311 Pintura industrial en construción

Certificado de profesionalidade de nivel 2.

Todos os alumn@s-traballador@s deberán cumprir os requisitos sinalados no Real  decreto que regule os respectivos certificados de profesionalidade que se impartirán en cada concello e os demais requisitos esixidos nas bases para a selección das persoas traballadoras participantes neste obradoiro que proximamente se farán públicas.

Igualmente nas próximas datas realizarase oferta para cubrir os postos de persoal directivo, docente e administrativo/a deste obradoiro de emprego.