O  GDR-4 (Asociación para o Desenvolvemento Rural da Comarca de Lugo) en colaboración co  Concello de Outeiro de Rei  organiza para o SÁBADO 15 DE ABRIL unha ANDAINA POPULAR con SAÍDA ÁS 10:30 horas do LOCAL SOCIAL DE MARTUL.

Unha actividade para toda a poboación, co obxectivo de coñecer un fermoso recurso natural, cultural e patrimonial pertencente a Reserva da Biosfera Terras do Miño.

O recorrido será de 10 km camiñando pola Ruta Arqueolóxica do Acevedo, unha ruta circular, de dificultade baixa cun tempo aproximado de realización de 3 h.

É obrigatorio inscribirse antes a través do seguinte e-mail: info@comarcadelugo.gal Esperámoste!.

 

Cartel andaina popular