Dende o Concello de Outeiro de Rei queremos recordar que ainda quedan prazas libres para a xornada O Cidadán Dixital que se celebrará este xoves día 18 de xullo no Centro Cultural en horario de 16:00 a 20:00 horas.

Esta xornada práctica busca proporcionar ás persoas asistentes coñecementos para manexarse a un nivel básico nas novas tecnoloxías. Algúns dos puntos que se verán na xornada son:

– Busca de información na rede.
– Manexo do correo electrónico.
– Solicitar, consultar e eliminar citas médicas, coa ITV, Facenda e a DXT.
– Realizar trámites coa Xunta, coa Consellería do Medio Rural ou consultar axudas ou subvencións que se podan solicitar.
– Manexo da banca electrónica.
– Adquirir coñecementos para o uso do Maps e redes sociais.

A inscrición a esta xornada é gratuíta e pode facerse presencialmente no servizo de emprego e desenvolvemento local do Concello de Outeiro de Rei en horario de 9:00 h a 14:30 h ou chamando ao 982 393 382.