San Lourenzo de Aguiar (San Lourenzo)
Parroquia pertencente ao arciprestado de Aguiar e á diocese e provincia de Lugo. Limita con Vilela (N e NO), Sobrada (NE), Paz (E e SE), Mosteiro (S) e Bonxe (SO e O); presenta unha extensión de 4,3 km2 e por ela discorren os regos de Fornos e As Veigas de San Lourenzo. Dista 5,5 km da capital do municipio.
Conta con 4 barrios:
Como vestixios históricos destacar o Castelo do Picato, que xunto co Castro de Tourón (Guillar) son os dous máis destacados do concello, xa que polos restos chegados ata nós, parece que foron romanizados e perviviron durante a dominación romana.
Festividades:
A última fin de semana de maio celébrase unha festa na honra á Virxe da Saúde, a cal conta cunha importante antigüidade, non deixando de celebrarse incluso durante a Guerra Civil.
Igualmente, celébrase festa na honra a San Lourenzo o 10 de agosto cunha comida vecinal e xogos populares.