San Clodio de Aguiar (San Clodio)

Parroquia pertencente ao arciprestado de Aguiar e á provincia e diocese de Lugo. Delimitada polas parroquias de Paz (N, NE e E), Mosteiro (O e NO) e polo concello de Lugo (SE, S e SO); presenta unha extensión de 1,9 km2 e alcanza a súa máxima altitude no Monte Queimado (539 m), bañando as súas terras os regos Moreiras e de Acea. Dista 8,3 km da capital do municipio.

Conta con dous barrios:

  • A Balsa
  • San Clodio

Existen dúas canteiras non explotadas dende hai anos e en distintos lugares de Aguiar xorden rocas graníticas que constitúen paisaxes de singular beleza, entre elas hai unha preto da igrexa parroquial chamada Pena do Viso que deu orixe a varias lendas entre os habitantes do lugar.

Festividades:

Antigamente celebrábase unha festa na honra a San Clodio o segundo domingo de maio.

Concello de Outeiro de Rei
Revisión de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarlle a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando regresa ao noso sitio web e axudar ao noso equipo para comprender que seccións do sitio web resúltanlle máis interesantes e útiles.

Para máis información consulte Política de cookies.