A Banda Xuvenil da Escola de Música Municipal de Outeiro de Rei, co ánimo de achegar aos máis maiores do municipio ao mundo da música e compartir con eles unha tarde diferente, actuará o vindeiro 11 de abril ás 17:00 horas no residencial Domus Vi.
A actividade está aberta ao público en xeral que desexe gozar o ritmo de cancións de todos o tempos.

