Membros da Corporación Municipal do Concello de Outeiro de Rei recibirán este xoves día 28 de marzo a Vanesa Gómez, gañadora dunha medalla de ouro de natación na categoría de 50 m costas nos Xogos Mundiais de Verán de Olimpíadas Especiais celebrados do 14 ao 21 deste mes en Abu Dhabi.

Esta rapaza, nada e residente na vila de Outeiro de Rei, formou parte da delegación de Apsnais Lugo que participou nas citadas olimpíadas, delegación que acadou varios premios.

Estes xogos mundiais celébranse cada dous anos e neles compiten atletas con discapacidade intelectual; nesta ocasión competiron 192 países e 7500 atletas.

O acto de homenaxe terá lugar ás 13:00 h no Salón de Plenos do Concello e dende a entidade local convidase a todas as persoas que o desexen a asistir ao mesmo.