Actividades Tempada 2025-2026

ACTIVIDADES de PROMOCIÓN da MULLER

A ter en conta:

  • Nas actividades marcadas cun asterisco (*), o prazo de inscrición estará aberto do 6 ao 20 de febreiro ou ata cubrir a oferta de prazas. As prazas cubriranse sempre por rigorosa orde de solicitude, tendo preferencia as persoas empadroadas neste municipio con respecto ás de fóra.
  • A cota a pagar deberá facerse efectiva dentro do prazo de inscrición; as persoas non empadroadas en Outeiro de Rei terán que aboar as seguintes cotas a maiores da establecida: cursos de ata 2 meses, 10 € e cursos de 3 a 4 meses, 20 €. Non se reintegrará o importe das cotas salvo que a actividade se suspenda a iniciativa do Concello.
  • As actividades previstas para mulleres nas que non se cubran as prazas ofertadas poderán ser cubertas por homes. Tres faltas de asistencia inxustificadas en actividades con lista de espera, dará lugar a causar baixa na actividade.
  • A celebración da totalidade das actividades previstas ou a posible modificación das mesmas, queda supeditada á demanda que exista (que non poderá ser inferior ao 50% das prazas ofertadas na actividade) ou imprevistos que poidan xurdir.
  • Podes deixar a túa opinión sobre esta programación, outras posibles actividades ou calquera suxestión en materia de igualdade no CORREO DA IGUALDADE que atoparás na web municipal.

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 20/02/2026 NAS ACTIVIDADES MARCADAS CUN ASTERISCO  (*)

FÓRA DESTA PERÍODO CONSULTAR DISPOÑIBILIDADE DE PRAZAS

CURSO DE BIXUTERÍA BOTÁNICA*

Duración:DO 25/02/2026 AO 18/03/2026
Horario:MÉRCORES, DE 16:00 h A 19:00 h
Nº prazas:12
Lugar:CENTRO CULTURAL DE ROBRA
Cota:25 € (inclúe materiais)

DE FEIRA A BIOCULTURA A CORUÑA

Feira de ecoturismo e produtos ecolóxicos*

Duración:07/03/2026
Horario:SÁBADO, DE 10:00 h A 19:30 h
Nº prazas:53
Lugar:PRAZA DO CONCELLO
Cota:BUS E ENTRADA DE BALDE

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Presentación do vídeo: 8M - 8 MULLERES EMPRENDEDORAS NO RURAL - CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

Coloquio posterior
Data:08/03/2026
Horario:DOMINGO, ÁS 17:00 h
Lugar:SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA
Ao remate do acto haberá degustación gratuíta de doces caseiros.

CHARLA SOBRE EMPRENDEMENTO FEMININO*

Data:12/03/2026
Horario:XOVES, DE 10:00 h A 12:30 h
Lugar:SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA

HORTO ECOLÓXICO: NOCIÓNS PRÁCTICAS*

(preparación e organización do terreo, tratamento de enfermidades, especies a cultivar...)
Duración:DO 10/03/2026 AO 21/04/2026
Horario:MARTES, DE 16:30 h A 18:30 h
Nº prazas:15
Lugar:CENTRO CULTURAL DE ROBRA
Cota:25 €

CURSO CON VIMBIO VIVO: CREACIÓN, PODA E MANTEMENTO
DE ESTRUTURAS DE XARDÍN*

Duración:27 E 28/03/2026
Horario:VENRES, DE 16:00 h A 20:00 h;
SÁBADO DE 10:00 A 14:00 h E DE 16:00 a 20:00 h
Nº prazas:15
Lugar:ANTIGA ESCOLA DE CELA
Cota:25 €

RECICLAXE E RESTAURACIÓN DE MOBLES*

Duración:DO 17/04/2026 AO 12/06/2026
Horario:VENRES, DE 16:30 h A 19:30 h
Nº prazas:15
Lugar:ESPAZO DE AUTORREPARACIÓN E INTERCAMBIO
DE OBXECTOS (MATELA)
Cota:25 €

COCIÑA SAUDABLE*

Duración:DO 20/04/2026 AO 01/06/2026
Horario:LUNS, DE 16:30 h A 18:30 h
Nº prazas:15
Lugar:ANTIGO RESTAURANTE SOBORVILA
Cota:25 €

OBRADOIRO DE CERÁMICA

(creación de pezas decorativas e de utilidade para Samaín, Nadal...)
Duración:DO 16/09/2026 AO 18/11/2026
Horario:MÉRCORES, DE 16:30 h A 18:30 h
Nº prazas:12
Lugar:INSTALACIÓNS DA OLERÍA DE BONXE
Cota:25 € (inclúe materiais)

COMPETENCIAS DIXITAIS BÁSICAS

(comercio electrónico, sinatura electrónica, aplicacións para móbiles...)
Duración:DO 24/09/2026 AO 26/11/2026
Horario:XOVES, DE 16:00 h A 19:00 h
Nº prazas:15
Lugar:AULA VIVEIRO EMPRESARIAL
Cota:25 €

25 NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

ANDAINA POPULAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Data:22/11/2026
Horario:DOMINGO, ÁS 11:00 h

CHARLA: PREVENCIÓN, DETECCIÓN E PAUTAS DE ACTUACIÓN EN CASOS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

Data:25/11/2026
Horario:MÉRCORES, DE 16:30 h A 18:30 h
Lugar:SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA

Concello de Outeiro de Rei
Revisión de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarlle a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando regresa ao noso sitio web e axudar ao noso equipo para comprender que seccións do sitio web resúltanlle máis interesantes e útiles.

Para máis información consulte Política de cookies.