O Concello de Outeiro de Rei, saca o programa de Nadal que dará comezo o día 21 coa actuación do grupo de música e baile tradicional da Escola de Música de Outeiro de Rei, Rábade e Begonte e rematará o día 5 coa Festa de Reis.
Ademais, @s máis pequen@s poderán gozar de dous obradoiros: Adornos de Nadal e dous de Cestería creativa. Para poder asistir a calquera deles é preciso anotarse nas oficinas da Casa da Cultura ou chamando ao teléfono 982 393 408.