Deseñando o teu futuro é unha iniciativa promovida polo Concello de Outeiro de Rei destinada a mozos e mozas do municipio con idades comprendidas entre 16 e 18 anos que lles permite aproximarse ao ámbito socio-laboral facilitándolles unha experiencia durante 5 días nalgunha das empresas do municipio que colaboran con este proxecto.
As persoas participantes, mediante a realización de tarefas acordadas coa empresa, e sempre baixo supervisión dunha persoa responsable, poderán adquirir unha serie de competencias, habilidades e cualificacións que complementen o seu desenvolvemento persoal e formación.
Esta iniciativa está previsto que se desenvolva do día 7 ao día 14 de setembro; de luns a venres se realizarán as estadías na empresa seleccionada e a iniciativa complementaranse coa realización o día 14 dunha visita, previsiblemente ao viveiro industrial de Outeiro de Rei; neste caso, o desprazamento será organizado polo Concello de Outeiro de Rei e realizarase en autocar.
O resto de desprazamentos á empresa seleccionada correrán a cargo dos participantes que recibirán a tal fin unha axuda de 20 €/día de asistencia; esta axuda tamén será de aplicación ao día da visita.
Non obstante, cando un participante por razón excepcionais e xustificadas non poida asistir durante toda a xornada, a cantidade a percibir será de 10 €. A redución do horario na xornada a realizar na empresa deberá ser autorizado polo Concello de Outeiro de Rei e obedecerá a circunstancias que se consideren xustificables (basicamente, realización de exames ou temas de saúde). Como máximo, e sempre de acordo coa empresa, se autorizarán dúas incidencias durante o período de execución do programa, non permitíndose ningunha estancia en empresa inferior a dúas horas. Cando se produza este suposto (non poder asistir máis de dúas horas), o interesado/a non poderá acudir á empresa e non terá dereito á compensación económica por ese día,
O número de prazas que se ofertan para participar en DESEÑANDO O TEU FUTURO VI é de 20 que serán cubertas por orde de inscrición, momento no que as persoas interesadas deberán seleccionar a empresa de realización das estadías; o prazo de solicitude estará aberto do día 22 de xuño ao 3 de xullo podendo inscribirse ben presencialmente no Servizo de Emprego e Desenvolvemento local do Concello de Outeiro de Rei en horario de 9:00 h a 15:00 h ou chamando ao 982 393 382.