Cartel do Entroido 2026Con motivo da FESTA DE ENTROIDO 2026, o Concello de Outeiro de Rei organiza o XXVII CONCURSO DE DISFRACES; a cita terá lugar o día 15 de febreiro (domingo de Entroido) a partir das 17:00 h na Praza da Vila, baixo carpa cuberta e estará amenizada polo dúo ECLIPSE.

Están a disposición de todas as persoas interesadas as bases do concurso así como as follas de inscrición e información do mesmo, contidos aos que se pode acceder dende esta nova; o prazo para anotarse permanecerá aberto do 26 de xaneiro ao 12 de febreiro na Casa da Cultura, en horario de 10:00 h a 14:30 h, ou ben o mesmo día do concurso, en horario de 16:30 h a 17:30 h.

Imaxe da Festa do Entroido 2025

Os 2 180 € de premios repártense da seguinte forma:

 COMPARSA

1º PREMIO:     500 euros
2º PREMIO:     300 euros
3º PREMIO:     200 euros

COMPARSA DE OUTEIRO DE REI

(o 70% dos compoñentes debe ser do municipio, consultar bases)

                          150 euros

PARELLAS

1º PREMIO:     200 euros
2º PREMIO:     120 euros

INDIVIDUAL

1º PREMIO:     150 euros
2º PREMIO:     100 euros

INFANTIL

1º PREMIO:     150 euros
2º PREMIO:     100 euros

 

PREMIOS ESPECIAIS

(poderán ser utilizados en calquera das categorías se o xurado o considera necesario)

                          100 euros
                          60 euros
                          50 euros

Poden solicitar máis información chamando ao teléfono 982 393 408.

Bases Concurso Entroido 2026

Solicitude Inscrición Comparsas

Solicitude Inscrición Categoría Individual

Solicitude Inscrición Categoría Parella

Solicitude Inscrición Categoría Infantil