Con motivo da FESTA DE ENTROIDO 2025, o Concello de Outeiro de Rei organiza o XXVI CONCURSO DE DISFRACES; a cita terá lugar o día 2 de marzo (domingo de Entroido) a partir das 17:00 h na Praza da Vila, baixo carpa cuberta e  estará amenizada polo Grupo D´CACHÉ MUSIC, haberá ademais BATUCADA e CHOCOLATE CON CHURROS ao prezo especial de 2 €.

Están a disposición de todas as persoas interesadas as bases do concurso así como as follas de inscrición e información do mesmo; o prazo para anotarse permanecerá aberto do 17 de xaneiro ao 28 de febreiro na Casa da Cultura, en horario de 10:00 h a 14:30 h, ou ben o mesmo día do concurso, en horario de 17:00 h a 17:45 h.

Os 2180 € de premios repártense da seguinte forma:

 COMPARSA

1º PREMIO:     500 euros
2º PREMIO:     300 euros
3º PREMIO:     200 euros

PARELLAS

1º PREMIO:     200 euros
2º PREMIO:     120 euros

INDIVIDUAL

1º PREMIO:     150 euros
2º PREMIO:     100 euros

INFANTIL

1º PREMIO:     150 euros
2º PREMIO:     100 euros

Contamos ademais con tres premios especiais adicionais:

Premio especial para comparsas de Outeiro de Rei de 150 € (sempre e cando non leven ningún dos tres premios previstos para a categoría de comparsas); para poder acceder a este premio o 80% dos compoñentes debe ser do municipio.

E tres premios especiais  a maiores por un importe de 100 €, 60 € e 50 € cada un, para calquera das categorías se o xurado o considera necesario.

Poden solicitar máis información chamando ao teléfono 982 393 408.

Bases Concurso Entroido 2025

Solicitude Inscrición Comparsas

Solicitude Inscrición Categoría Individual

Solicitude Inscrición Categoría Parella

Solicitude Inscrición Categoría Infantil