Con motivo da FESTA DE ENTROIDO 2024, o Concello de Outeiro de Rei organiza o XXV CONCURSO DE DISFRACES; a cita terá lugar o día 11 de febreiro (domingo de Entroido) a partir das 17:00 h na Praza da Vila, baixo carpa cuberta e estará amenizada polo Grupo D´Nika.
Están a disposición de todas as persoas interesadas as bases do concurso así como as follas de inscrición e información do mesmo; o prazo para anotarse permanecerá aberto do 29 de xaneiro ao 9 de febreiro na Casa da Cultura, en horario de 10:00 h a 14:30 h, ou ben o mesmo día do concurso, en horario de 17:00 h a 17:45 h.
Os 2180 € de premios repártense da seguinte forma:
COMPARSA |
1º PREMIO: 500 euros |
2º PREMIO: 300 euros | |
3º PREMIO: 200 euros | |
PARELLAS |
1º PREMIO: 200 euros |
2º PREMIO: 120 euros | |
INDIVIDUAL |
1º PREMIO: 150 euros |
2º PREMIO: 100 euros | |
INFANTIL |
1º PREMIO: 150 euros |
2º PREMIO: 100 euros |
Contamos ademais con tres premios especiais adicionais:
Premio especial para comparsas de Outeiro de Rei de 150 € (sempre e cando non leven ningún dos tres premios previstos para a categoría de comparsas); para poder acceder a este premio o 80% dos compoñentes debe ser do municipio.
E tres premios especiais a maiores por un importe de 100 €, 60 € e 50 € cada un, para calquera das categorías se o xurado o considera necesario.
Poden solicitar máis información chamando ao teléfono 982 39 34 08 ou no correo electrónico xuventude@concellodeouteiroderei.org.