Con motivo da FESTA DE ENTROIDO 2023, o Concello de Outeiro de Rei organiza por XXIV ano consecutivo o CONCURSO DE DISFRACES; a cita terá lugar o día 19 de febreiro (domingo de entroido) a partir das 17:00 h na Praza da Vila, baixo carpa cuberta e estará amenizado polo Trio D´Nika.
Xa están a disposición de todas as persoas interesadas as bases do concurso así como as follas de inscrición e información do mesmo, o prazo para anotarse permanecerá aberto do 1 ao 16 de febreiro na Casa da Cultura en horario de 10:00 h a 14:30 h ou ben o mesmo día do concurso de 17:00 h a 17:45 h.
Os 2.230€ de premios repártense da seguinte forma:
COMPARSA |
1º PREMIO: 500 euros |
2º PREMIO: 350 euros | |
3º PREMIO: 200 euros | |
PARELLAS |
1º PREMIO: 200 euros |
2º PREMIO: 120 euros | |
INDIVIDUAL |
1º PREMIO: 150 euros |
2º PREMIO: 100 euros | |
INFANTIL |
1º PREMIO: 150 euros |
2º PREMIO: 100 euros |
Este ano contamos ademais con tres premios especiais que son :
Premio especial para comparsas de Outeiro de Rei de 150 € (sempre e cando non leven ningún dos tres premios de comparsas); para poder acceder a este premio o 80% dos compoñentes debe ser do municipio.
E tres premios especiais a maiores por un importe de 100 €, 60 € e 50 € cada un , para calquera das categorías se o xurado o considera necesario.
Poden solicitar máis información chamando ao teléfono 982 39 34 08 ou no correo electrónico xuventude@concellodeouteiroderei.org.