O Concello de Outeiro de Rei remitiu recentemente unha carta a mozos e mozas do municipio con idades comprendidas entre 16 e 18 anos informando da próxima apertura do prazo de inscrición na iniciativa DESEÑANDO O TEU FUTURO XI co obxecto de que poidan aproximarse ao ámbito social-laboral facilitándolles unha experiencia que lles permita decidir na súa traxectoria formativa e profesional; o prazo de inscrición estará aberto do día 14 ao 18 de xullo.
A relación de empresas acolledoras ás que poden optar as persoas interesadas figuran no pdf que se achega nesta nova.
Pódese obter máis información no Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local ou chamando ao 982 393 382.

