O Concello de Outeiro de Rei, a través da Escola de Música Asociación Músico Crisanto de Outeiro de Rei, Rábade, Begonte e Friol pon á disposición das parroquias, asociacións e comisións de festas deste municipio que o soliciten, catro actuacións anuais de carácter gratuíto; as actuacións poderanse programar en horario comprendido entre as 11:00 h e as 21:00 h e terán unha duración aproximada de 45 minutos.
Agrupacións que se poden solicitar :
- Banda de Música Sons e Soños
- Coral
Como o número de actuacións é limitado (catro por ano) terán preferencia:
- As parroquias ás que non se lles fose concedida con anterioridade.
- Aquelas actuacións que sexan para festas patronais, con respecto a outras de carácter veciñal.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 20 de marzo ao 10 de abril, debendo presentarse no rexistro municipal o modelo de solicitude cuberto que está a disposición do público nas oficinas municipais e na páxina web do Concello www.outeiroderei.gal .