O Concello de Outeiro de Rei, a través da Escola de Música “Asociación Músico Crisanto”” de Outeiro, Rábade e Begonte, porá á disposición das parroquias, asociacións e comisión de festas deste municipio que o soliciten, catro actuacións anuais de carácter gratuíto.
As actuacións poderanse programar en horario comprendido entre as 11:00 h e as 21:00 h e terán unha duración aproximada de 45 minutos.
Agrupacións que se poden solicitar :
- Banda de Música “ Sons e Soños”
- Coral
- Grupo Tradicional
Como o número de actuacións é limitado (catro por ano) terán preferencia:
- As parroquias ás que non se lles fose concedida con anterioridade.
- Aquelas actuacións que sexan para festas patronais, con respecto a outras de carácter veciñal.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 10 ao 25 de marzo, debendo presentarse no rexistro municipal o modelo cuberto que está á disposición do público nas oficinas municipais e na web do Concello.