O Concello de Outeiro de Rei, a través da Escola de Música Asociación Músico Crisanto de Outeiro de Rei, Rábade, Begonte e Friol porá a disposición das parroquias, asociacións e comisións de festas deste municipio que o soliciten, catro actuacións anuais de carácter gratuíto.

As actuacións poderanse programar en horario comprendido entre as 11:00 h  e as 20:00 h e terán unha duración aproximada de 45 minutos.

As agrupacións que se poden solicitar son as seguintes:

  • Coral
  • Grupo de tradicional

Como o número de actuacións é limitado (catro por ano) terán preferencia:

  • As parroquias ás que non se lles fose concedida con anterioridade.
  • Aquelas actuacións que sexan para festas patronais, con respecto a outras de carácter veciñal.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto  do 30 de marzo ao 24  de abril, debendo presentarse no rexistro municipal o modelo cuberto que está á disposición do público nas oficinas municipais e  na páxina web do Concello www.outeiroderei.gal.

SOLICITUDE PARA ACTUACIÓNS DA ESCOLA DE MÚSICA