O Concello de Outeiro de Rei, a través da Escola de Música “Asociación Músico Crisanto” de Outeiro, Rábade, Begonte e Friol porá á  disposición das parroquias, asociacións e comisións de festas deste municipio que o solicite un total de catro actuacións anuais de carácter gratuíto; as actuacións poderanse programar en horario  comprendido entre as 11:00 h e as 21:00 h e  terán unha duración  aproximada de 45 minutos.

Agrupacións que se poden solicitar :

  • Banda de Música “ Sons e Soños”
  • Coral

Como o número de actuacións é limitado (catro por ano) terán preferencia á hora de obtelas:

  • As parroquias ás que non se lles concedera con anterioridade .
  • As actuacións destinadas ás festas patronais con respecto a outras de carácter veciñal.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto  do 17 ao  30 de abril, debendo presentarse no rexistro municipal o modelo de solicitude cuberto, impreso que está á disposición do público nas oficinas municipais e  ao que se pode acceder igualmente a través desta nova.

Modelo de solicitude