O Concello de Outeiro de Rei convoca o I Campionato de escultores con motoserra de Outeiro de Rei que terá lugar o sábado 6 de xullo dentro das actividades da XIII Feira da Artesanía de Outeiro de Rei.
Poderán participar todas as persoas afeccionadas ou profesionais maiores de idade, previa inscrición libre e gratuíta que se realizará do 24 ao 28 de xuño de 2019, ambas datas incluídas, presentando a solicitude, copia do DNI e certificado de empadroamento, se procede (consultar bases), nas oficinas do rexistro xeral do Concello de Outeiro de Rei ou enviando a documentación ao enderezo electrónico feiras@outeiroderei.org .
As persoas participantes deberán traer todo o material necesario para a realización da súa obra (a excepción do tronco de madeira), incluído o seu equipo de protección individual (EPI); ningún competidor/a poderá participar sen estar provisto do mesmo.
Cada autor/a presentará unha única obra, cuxa temática deberá estar relacionada con algún oficio artesanal á elección d@s participantes.
A competición terá lugar no Campo de Santa Isabel, lugar onde ás 18:45 tamén se realizará o fallo do xurado, ao igual que a entrega de premios ás obras gañadoras.
Os premios serán:
– 1º clasificad@: 200 € e detalle de Husqvarna
– 2º clasificad@: 150 € e detalle de Husqvarna
– 3º clasificad@: 100 € e detalle de Husqvarna
– 4º, 5º, 6º e 7º clasificad@s: detalle de Husqvarna