O Concello de Outeiro de Rei, en colaboración coa Deputación de Lugo e Terras do Miño, pon en marcha un CURSO DE COSMÉTICA ÓRGANICA, SÓLIDA E ARTESANAL. É presencial e de carácter gratuíto.

O curso terá lugar o sábado, día 11 de setembro en horario de 10:00 h a 14:00 h no Centro Cultural de Outeiro de Rei.

Para este curso ofértanse 12 prazas que serán cubertas por orde de solicitude, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Outeiro de Rei.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o mércores 8 de setembro ou ata cubrir prazas.

Pódese acadar máis información no teléfono 982 393 408 ou nas oficinas da Casa da Cultura.

Descargar cartel