O Concello de Outeiro de Rei colabora coa Fundación INCYDE na posta en marcha dun programa denominado Programa de Formación de Creación e Consolidación de Empresas.
O obxectivo do programa é proporcionar unha visión global das distintas áreas funcionais da empresa para poder determinar oportunidades de mercado e desenvolver un plan de empresa que favorezca a súa posta en funcionamento.

O curso terá unha duración de 7 semanas, das cales 6 serán exclusivamente clases teóricas e 1 semana adicada a clases prácticas. Dentro das sesións formativas existen tanto sesións de formación conxunta (un día á semana), accións de consultoría individualizada para o alumnado e mentorización e acompañamento dos participantes para a creación do seu negocio.

A data de inicio do curso está prevsita para o día 3 de xuño e o lugar de celebración do mesmo será o Viveiro Industrial do Concello de Outeiro de Rei situado na Rúa Acibro, 2 do parque empresarial .

Este programa formativo é totalmente gratuito. A inscrición ao mesmo pode realizarse dende a web www.incyde.org. Pódese solicitar información adicional ou consultar dúbidas no servizo de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Outeiro de Rei ou no 982 393 281.

– Descargar calendario