O Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de inscrición para as seguintes actividades incluídas no programa de Actividades de Promoción da Muller 2019:

RECICLAXE E RESTAURACIÓN de MOBLES: actividade que se realizará no Desván de Mamén en Robra a partir do 30 de setembro; para esta actividade ofértanse un total de 16 prazas que se distribuirán en dúas quendas e as participantes terán unha reunión previa o martes día 24 de setembro, ás 17:30 h o primeiro grupo e ás 18:30 h o segundo grupo para ver os traballos que se van realizar e o material que se precisa mercar.

INICIACIÓN AO SCRAPBOOKING: A tradución exacta do termo scrapbook é: Libro de recortes.
Consiste en combinar nun papel ou cartulina as nosas fotos, engadindo calquera tipo de adorno (botóns, flores, cintas, selos, letras, metais…), realizando estas combinacións conseguimos o noso albúm de fotos = scrapbook. É unha forma divertida de manter vivos os nosos recordos.
Hoxe en día o uso desta técnica ampliouse a outros elementos decorativos e de almacenaxe como por exemplo: tarxetas de felicitación, invitacións, axendas, etc., dando lugar a variados estilos dende os máis tradicionais como vintage, retro, etc ata os máis contemporáneos e modernos.

O PRAZO DE INSCRICIÓN nestas actividades PERMANECERÁ ABERTO ATA o 20 DE SETEMBRO OU ATA CUBRIR PRAZAS. As prazas cubriranse por orde de solicitude, tendo preferencia as persoas empadroadas no municipio con respecto ás de fóra. Poden anotarse nas oficinas da Casa da Cultura do Concello de Outeiro de Rei de luns a venres en horario de 10:00 h a 14:30 h.

Igualmente, aínda quedan prazas vacantes no curso HABILIDADES INFORMÁTICAS PARA TEMPOS ACTUAIS onde se tratarán temas como internet e os seus riscos, como funciona a sinatura dixital, configurar o meu teléfono ou o meu ordenador… Esta actividade, incluída na citada programación, está dirixida a homes e mulleres.

As persoas interesadas poden anotarse nas oficinas da Casa da Cultura ata o 5 de setembro.

Ver cartel das actividades