A instancia do Centro Integrado de Formación Profesional Politécnico de Lugo, difundimos a seguinte  información que pode resultar de interese:

Xa está aberto o prazo para a matrícula de setembro na FP DUAL. O prazo abrangue todo o mes de setembro, pero é conveniente matricularse ANTES DO DÍA 15 (data de inicio das clases).

As prazas que quedan libres en cada ciclo formativo de FP dual son as seguintes:

  • CM ELABORACIÓN DE PRODUTOS ALIMENTARIOS: 9 prazas.
  • CM COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMARÍA + ATENCIÓN A PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA: 1 praza.
  • CS AUTOMATIZACIÓN E ROBÓTICA INDUSTRIAL: 3 prazas.

A formación dual é unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa con actividade formativa nun centro educativo (neste caso o CIFP Politécnico); o período de formación na empresa está remunerado e cotiza á Seguridade Social.

Pódese acadar máis información no tfno.: 982 220 328, e na web www.politecnicolugo.org.