Charla Toponimízate

A Casa da Cultura acolleu o pasado venres unha charla da campaña TOPONIMÍZATE coa que a Real Academia Galega (RAG), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, divulga o valor da toponimia tradicional e busca de colaboradores para poder salvagardala.
O alcalde, José Pardo, foi o encargado de presentar ao relator da charla, Vicente Feijoo, coordinador técnico de toponimia do Seminario de Onomástica da RAG.

Ao longo da charla viuse o funcionamento da aplicación colaborativa Galicia Nomeada na que calquera persoa pode introducir datos dos microtopónimos que coñeza (o nome das fincas, das fontes e de calquera microtopónimo cun pequeno esforzo pode quedar reflectido na aplicación o que axudará a protexer a riqueza toponímica de Galicia).
A última parte da charla centrouse na divulgación da orixe e significado dalgúns topónimos do municipio e Vicente Feijóo destacou a ampla presenza no territorio de topónimos rematados en -ai y -oi, como Aspai, Caboi, Candai ou Taboi que dan fe do pasado medieval destas terras.

GALICIA NOMEADA: https://galicianomeada.xunta.gal/sixtop/inicio