O Concello de Outeiro de Rei, organiza a tradicional Festa dos Xubilados, que terá lugar o vindeiro venres día 5 de xullo  na Área recreativa  de  Santa Isabel – Outeiro de Rei co seguinte programa:

13:30 h: Misa solemne.

14:15 h: Entrega de agasallos aos máis maiores e xantar.

17:00 h: Actuación musical do grupo Los Adrianos .

Todas as persoas con dereito a participar na devandita festa, e dicir, persoas xubiladas empadroadas neste municipio, poderán anotarse nas oficinas da Casa da Cultura (xunto ao colexio) en horario de 10:00 h a 14:30 h, ou ben dando os seus datos ao  Alcalde de Barrio da súa parroquia antes  do día 28  de xuño ademáis de  aboar os 5 € que custa a invitación, debendo traer para apuntarse o DNI;  as persoas menores de 65 anos deberán presentar xustificante  de que son pensionistas.

Os acompañantes non xubilados aboarán  30 € para poder retirar a súa tarxeta.

O prazo para recoller as invitacións, tanto no Concello como polos Alcaldes de Barrio permanecerá aberto dende o luns día 17  ao  28  de xuño.

Todas as persoas que asistan á festa deberán ir provistas dunha invitación.