Con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO o próximo día 25 de novembro, o Concello de Outeiro de Rei convoca a todas as persoas interesadas a asistir á charla PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO E DA DISCRIMINACIÓN CONTRA A MULER.

Cartel CHARLA 25N

Esta charla será impartida pola sarxento da Garda Civil ANA ISABEL CALEYA ORTIZ, comandante do posto de Baralla e formadora do Equipo do Plan Director da Garda Civil de Lugo en temáticas de igualdade e violencia de xénero; a cita será no salón de actos da Casa da Cultura de Outeiro de Rei ás 17:00 h.

Con esta charla preténdese, entre outros obxectivos, sensibilizar á poboación en xeral nesta materia para evitar situacións de violencia de xénero; tamén, identificar  posibles condutas de violencia  de xénero e dar  pautas de actuación destinadas tanto a mulleres que poidan vivir esa situación como tamén á poboación que sexa coñecedora dalgunha situación de violencia.

As persoas que asistan recibirán un pequeno agasallo consistente nunha bolsa reutilizable realizada dentro  da  campaña que leva a cabo o Concello de Outeiro de Rei con motivo desta data.

TELÉFONOS DE INTERESE EN MATERIA DE VIOLENCIA DE XÉNERO

Teléfono da muller de Galicia 900 400 273
Atención a vítimas de malos tratos 016
Teléfono de urxencias 112
Xulgado de Violencia de Xénero (Lugo) 982 294 735
Traballadora social do Concello de Outeiro de Rei 982 393 281