Programa de ocio

ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA MULLER

A TER EN CONTA:

  • A cota a pagar deberá facerse efectiva dentro do prazo de inscrición; as persoas non empadroadas en Outeiro de Rei terán que aboar as seguintes cotas a maiores da establecida: cursos de ata 2 meses, 10 € e cursos de 3 a 4 meses, 20 €. Non se reintegrará o importe das cotas salvo que a actividade se suspenda a iniciativa do Concello.
  • As actividades previstas para mulleres nas que non se cubran as prazas ofertadas poderán ser cubertas por homes. Tres faltas de asistencia inxustificadas en actividades con lista de espera, dará lugar a causar baixa na actividade.
  • É obrigatorio o uso da máscara en todas as actividades. Os protocolos sanitarios poden variar se así o establecen os organismos competentes.
  • A celebración da totalidade das actividades previstas ou a posible modificación das mesmas, queda supeditada á demanda que exista (que non poderá ser inferior ao 50% das prazas ofertadas na actividade) ou imprevistos que poidan xurdir.
  • Podes deixar a túa opinión sobre esta programación, outras posibles actividades ou calquera suxestión en materia de igualdade no CORREO DA IGUALDADE que atoparás na web municipal.

PROXIMAMENTE CELEBRARANSE AS ACTIVIDADES MARCADAS CUN ASTERISCO.

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Presentación do vídeo: 8M-8 MULLERES. CONCELLO DE OUTEIRO DE REI. Coloquio posterior

Data:

08/03/2022

Horario:

MARTES, ás 17:00 h

Lugar:

CASA DA CULTURA

ELABORACIÓN DE XABÓNS E COSMÉTICA NATURAL

Duración:

Do 08/03/2022 ao 31/05/2022

Horario:

MARTES, de 19:30 h a 21:00 h

Nº prazas:

15

Lugar:

PELUQUERÍA-BIO (OUTEIRO DE REI)

Cota:

25 €

XARDINERÍA E COIDADO DA CONTORNA DAS NOSAS CASAS

Duración:

Do 17/03/2022 ao 26/05/2022

Horario:

XOVES, de 16:30 h a 18:30 h

Nº prazas:

15

Lugar:

CENTRO CULTURAL DE ROBRA

Cota:

25 €

DE FEIRA Á FEIRA DE MELIDE E Á FESTA DO MELINDRE

Data:

08/05/2022

Horario:

DOMINGO, de 10:00 h a 19:30 h

Nº prazas:

53

Lugar saída:

PRAZA DO CONCELLO

Cota:

Bus gratuíto

TALLER DE REPARACIÓNS BÁSICAS NO FOGAR

(electricidade, fontanería, bricolaxe, reparación de aparellos eléctricos…)

Duración:

Do 21/05/2022 ao 11/06/2022

Horario:

SÁBADOS, de 10:00 h a 12:30 h

Nº prazas:

15

Lugar:

ESPAZO DE AUTORREPARACIÓN E INTERCAMBIO DE OBXECTOS

Cota:

25 €

OBRADOIRO DE ARTE FLORAL

Duración:

Do 01/06/2022 ao 22/06/2022

Horario:

MÉRCORES, de 17:00 h a 19:30 h

Nº prazas:

15

Lugar:

CENTRO CULTURAL DE ROBRA

Cota:

25 €

TAEKWONDO

Data celebración:

DO 12 DE SETEMBRO AO 14 DE DECEMBRO

Horario:

LUNS É MÉRCORES, DE 20:00 h A 21:00 h

Lugar:

XIMNASIO/PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES

Nº prazas:

15

Cota:

25 €

FORMACIÓN EN NOVAS TECNOLOXÍAS

(trámites electrónicos, ciberseguridade, apps e aplicacións...)

Data celebración:

DO 16 DE SETEMBRO AO 28 DE OUTUBRO

Lugar:

AULA DE INFORMÁTICA (CENTRO CULTURAL)

Horario:

XOVES E VENRES, DE 19:00 h A 21:00 h

Nº prazas:

15

Cota:

25 €

OBRADOIRO DE MULLER E SAÚDE *

Data celebración:

7 DE NOVEMBRO

Horario:

LUNS, DE 16:30 A 20:30 h

Lugar:

CASA DA CULTURA

Nº prazas:

25

Cota:

Gratuíto

As persoas interesadas que se inscriban na charla terán dereito a un certificado emitido polo SERGAS.

(Inscricións a través da Escola Galega de Saúde https://escolasaude.sergas.es/Contidos/Cursos-presenciais, na Casa da Cultura de Outeiro de Rei ou no teléfono, 982 393 408).

25 NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

ANDAINA POPULAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO *

Data:

26/11/2022

Horario:

SÁBADO, ás 11:00 h

Lugar saída:

PRAZA DO CONCELLO

O PUNTO DE SAÍDA DARASE A COÑECER EN DATAS PRÓXIMAS Á CELEBRACIÓN