Praza do Concello, núm. 1
27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982 393 281 / 982 393 055
Fax: 982 393 112
Programa de ocio
Programa de Actividades para Persoas Maiores 2022/2023
Requisitos a ter en conta:
- Ser maior de 60 anos e estar xubilado ou ser pensionista; igualmente poderán acceder ás actividades as persoas con 65 ou máis anos independentemente de que estean xubiladas ou non.
- No caso de levar un/ha acompañante, este poderá inscribirse aínda que non cumpra o anterior requisito nas viaxes ou comidas que se celebren.
- Estar empadroado/a no Concello de Outeiro de Rei.
- As persoas perceptoras de pensións non contributivas para ter dereito á cota reducida terán que acreditar dita situación mediante certificado acreditativo que se pode solicitar no departamento de Servizos Sociais do Concello.
- As prazas cubriranse por rigorosa orde de solicitude
- As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades previstas terán que realizar a inscrición na CASA DA CULTURA de Outeiro de Rei nos seguintes prazos:
-
- Para as actividades do ano 2022, do 5 de xullo ao 22 de xullo.
-
- Para as actividades do ano 2023 o prazo de inscrición será o mesmo que se estableza para as actividades de inverno.
- A celebración da totalidade das actividades previstas ou a posible modificación das mesmas queda supeditada á demanda existente ou a posibles imprevistos que poidan xurdir.
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN ATA 14/10/2022 NAS ACTIVIDADES MARCADAS CUN ASTERISCO (*).
FÓRA DESTE PERÍODO CONSULTAR DISPOÑIBILIDADE DE PRAZAS.
XXVIII FESTA DOS XUBILADOS
Data:
VENRES, 01/07/2022
Lugar:
CAMPO DE SANTA ISABEL
Cota:
5 € (xubilados ou pensionistas)
20 € (acompañantes que non reúnan o requisito anterior)
COIDA OS TEUS PÉS
Duración:
Do 07/09/2022 ao 26/07/2023
Horario:
MÉRCORES, de 09:20 h a 13:00 h
Nº prazas:
12 (límite de pacientes por día)
Lugar:
Centro médico de Outeiro de Rei
Cota:
3 € / consulta (perceptores de pensións non contributivas)
5 € / consulta (resto de usuarios)
10 €/consulta persoas non empadroadas en Outeiro de Rei (suxeito a dispoñibilidade de prazas)
Previa cita no tlfno.: 982 393 281
XIMNASIA PARA MAIORES *
Duración:
Do 13/09/2022 ao 20/12/2022 (1° grupo)
Do 17/01/2023 ao 18/05/2023 (2° grupo)
Horario:
MARTES e XOVES, de 10:15 a 11:15 h
Nº prazas:
20
Lugar:
CASA DA CULTURA
Cota:
5 € (perceptores de pensións non contributivas)
10 € (resto de usuarios)
SÁCALLE PARTIDO AO TEU MÓBIL (SMARTPHONE)
Duración:
Do 03/10/2022 ao 30/11/2022
Horario:
LUNS e MÉRCORES, de 16:30 h a 18:00 h
N° prazas:
12
Lugar
Centro Cultural
Cota:
Gratuíta
DE EXCURSIÓN A...
- LOURENZÁ: Feira da Faba de Lourenzá
Data:
SÁBADO, 01/10/2022
Horario:
De 10:00 h a 19:00 h
Nº prazas:
40
Lugar saída:
Praza do Concello
Cota:
Bus gratuíto
Na viaxe pódese visitar o Museo de Interpretación da Faba.
- OURENSE: FESTA DOS MAIOS *
Data:
DOMINGO, 07/05/2023
Horario:
De 09:30 h a 19:30 h
Nº prazas:
40
Lugar saída:
Praza do Concello
Cota:
Bus gratuíto
Festa de interese turístico de Galicia.
TALLER DE MEMORIA *
Duración:
Do 01/03/2023 ao 26/04/2023
Horario:
MÉRCORES, de 10:00 h a 11:30 h
Nº prazas:
12
Lugar:
Casa da Cultura
Cota:
Gratuíta

