Programa de ocio
ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA MULLER 2023
A TER EN CONTA:
- As prazas cubriranse sempre por rigorosa orde de solicitude, tendo preferencia as persoas empadroadas neste municipio con respecto ás de fóra.
- A cota a pagar deberá facerse efectiva dentro do prazo de inscrición; as persoas non empadroadas en Outeiro de Rei terán que aboar as seguintes cotas a maiores da establecida: cursos de ata 2 meses, 10 € e cursos de 3 a 4 meses, 20 €. Non se reintegrará o importe das cotas salvo que a actividade se suspenda a iniciativa do Concello.
- As actividades previstas para mulleres nas que non se cubran as prazas ofertadas poderán ser cubertas por homes. Tres faltas de asistencia inxustificadas en actividades con lista de espera, dará lugar a causar baixa na actividade.
- A celebración da totalidade das actividades previstas ou a posible modificación das mesmas, queda supeditada á demanda que exista (que non poderá ser inferior ao 50% das prazas ofertadas na actividade) ou imprevistos que poidan xurdir.
- Podes deixar a túa opinión sobre esta programación, outras posibles actividades ou calquera suxestión en materia de igualdade no CORREO DA IGUALDADE.
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 20/06/2023 NAS ACTIVIDADES MARCADAS CUN ASTERISCO *.
FÓRA DESTE PERÍODO CONSULTAR DISPOÑIBILIDADE DE PRAZAS.
8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA |
|
Presentación do vídeo: MULLERES QUE INSPIRAN_ As que abriron camiño. CONCELLO DE OUTEIRO DE REI. | |
Coloquio posterior | |
Data celebración: | 08/03/2023 |
Horario: | MÉRCORES, ás 17:00 h |
Lugar: | CASA DA CULTURA |
PREVENCIÓN E CONTROL DO ESTRÉS E DA ANSIEDADE. TÉCNICAS DE RELAXACIÓN |
|
Duración: | Do 09/03/2023 ao 11/05/2023 |
Horario: | XOVES, de 18:00 h a 20:00 h |
Nº prazas: | 12 |
Lugar: | CENTRO CULTURAL DE OUTEIRO DE REI |
Cota: | 25 € |
USO LIBRE DE ORDENADORES E INTERNET CON ACOMPAÑAMENTO PARA RESOLVER DÚBIDAS |
|
Duración: | Do 18/03/2023 ao 13/05/2023 |
Horario: | SÁBADOS, de 10:00 h a 12:30 h |
Nº prazas: | 15 |
Lugar: | AULA INFORMÁTICA (CENTRO CULTURAL) |
Cota: | 10 € |
Para asistir é preciso reservar praza | |
OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE CONSERVAS DE FROITAS, VERDURAS E ESCABECHES |
|
Duración: | Do 17/04/2023 ao 12/06/2023 |
Horario: | LUNS, de 16:30 h a 19:30 h |
Nº prazas: | 15 |
Lugar: | CENTRO CULTURAL DE OUTEIRO DE REI |
Cota: | 25 € |
OBRADOIRO DE ARTE FLORAL |
|
Duración: | Do 07/06/2023 ao 28/06/2023 |
Horario: | MÉRCORES, de 17:00 h a 19:30 h |
Nº prazas: | 15 |
Lugar: | CENTRO CULTURAL DE ROBRA |
Cota: | 25 € |
DE FEIRA Á SEMANA VERDE DE SILLEDA |
|
Data celebración: | 09/06/2023 |
Horario: | VENRES, de 10:00 h a 19:30 h |
Nº prazas: | 53 |
Lugar saída: | PRAZA DO CONCELLO |
Cota: | Bus gratuíto |
TECENDO CON FIBRAS VEXETAIS (bandexas, manteis individuais e cestas) |
|
Duración: | Do 12/09/2023 ao 03/10/2023 |
Horario: | MARTES, de 16:00 h a 19:30 h |
Nº prazas: | 12 |
Lugar: | ESCOLA DE MATELA |
Cota: | 25 € |
TAICHI |
|
Duración: | Do 13/09/2023 ao 20/12/2023 |
Lugar: | XIMNASIO DO PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES |
Horario: | LUNS e MÉRCORES de 19:00 h a 20:00 h |
Nº prazas: | 12 |
Cota: | 25 € |
PRODUTOS DE LIMPEZA ECOLÓXICOS |
|
Duración: | DÍAS 23 e 30 de setembro |
Horario: | SÁBADOS, de 10:00 h a 12:00 h |
Nº prazas: | 15 |
Lugar: | CENTRO CULTURAL DE ROBRA |
Cota: | 25 € |
PRÓXIMAMENTE25 NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO |
|
ANDAINA POPULAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO | |
Data celebración: | 25/11/2023 |
Horario: | SÁBADO, ás 11:00 h |