Programa de ocio

ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA MULLER 2024

A TER EN CONTA:

  • Nas actividades marcadas cun asterisco (*), o prazo de inscrición estará aberto ata o 14/06/2024 ou ata cubrir a oferta de prazas. As prazas cubriranse sempre por rigorosa orde de solicitude, tendo preferencia as persoas empadroadas neste municipio con respecto ás de fóra.
  • A cota a pagar deberá facerse efectiva dentro do prazo de inscrición; as persoas non empadroadas en Outeiro de Rei terán que aboar as seguintes cotas a maiores da establecida: cursos de ata 2 meses, 10 € e cursos de 3 a 4 meses, 20 €. Non se reintegrará o importe das cotas salvo que a actividade se suspenda a iniciativa do Concello.
  • As actividades previstas para mulleres nas que non se cubran as prazas ofertadas poderán ser cubertas por homes. Tres faltas de asistencia inxustificadas en actividades con lista de espera, dará lugar a causar baixa na actividade.
  • A celebración da totalidade das actividades previstas ou a posible modificación das mesmas, queda supeditada á demanda que exista (que non poderá ser inferior ao 50% das prazas ofertadas na actividade) ou imprevistos que poidan xurdir.
  • Podes deixar a túa opinión sobre esta programación, outras posibles actividades ou calquera suxestión en materia de igualdade no CORREO DA IGUALDADE que atoparás na web municipal.

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 14/06/2024 NAS ACTIVIDADES MARCADAS CUN ASTERISCO

FÓRA DESTE PERÍODO CONSULTAR A DISPOÑIBILIDADE DE PRAZAS

 

TAICHI

Duración:Do 04/03/2024 ao 29/05/2024
Horario:LUNS e MÉRCORES, de 19:00 h a 20:00 h
Nº prazas:12
Lugar:XIMNASIO DO PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES
Cota:25 €

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Presentación do vídeo: ÁS QUE TANTO NOS DAN_CONCELLO DE OUTEIRO DE REI
Coloquio posterior
Data celebración:08/03/2024
Horario:VENRES, ás 17:00 h
Lugar:CASA DA CULTURA

HORTO ECOLÓXICO: NOCIÓNS PRÁCTICAS

(asociación de cultivos, tratamento de pragas...)
Duración:Do 14/03/2024 ao 02/05/2024
Horario:XOVES, de 16:30 h a 18:30 h
Nº prazas:15
Lugar:CENTRO CULTURAL
Cota:25 €

COCIÑANDO AS RECEITAS DAS NOSAS AVOAS

Duración:Do 16/04/2024 ao 28/05/2024
Horario:MARTES, de 16:30 h a 18:30 h
Nº prazas:15
Lugar:RESTAURANTE SOBORVILA
Cota:25 €
Para asistir é preciso reservar praza

RECICLAXE E RESTAURACIÓN DE MOBLES

Duración:Do 06/06/2024 ao 28/06/2024
Horario:XOVES e VENRES, de 16:30 h a 19:30 h
Nº prazas:15
Lugar:ESPAZO DE AUTORREPARACIÓN E INTERCAMBIO DE OBXECTOS (MATELA)
Cota:25 €

DE FEIRA Á FEIRA DA CERÁMICA DE PONFERRADA e ás Festas da Encina e á Feira Medieval *

Duración:08/09/2024
Horario:DOMINGO, de 10:00 h a 20:00 h
Nº prazas:53
Lugar:PRAZA DO CONCELLO
Cota:Bus gratuíto

TECENDO CON FIBRAS VEXETAIS *

(elaboración de cestas e forrado de garrafóns)
Duración:Do 10/09/2024 ao 01/10/2024
Horario:MARTES, de 16:00 h a 19:30 h
Nº prazas:12
Lugar saída:ESCOLA DE MATELA
Cota:25 €

OBRADOIRO DE CERÁMICA *

(deseña e realiza os teus propios pratos, bandexas, tazas...)
Duración:Do 28/09/2024 ao 30/11/2024
Horario:SÁBADOS, de 16:00 h a 18:30 h
Nº prazas:8
Lugar:OLERÍA DE BONXE
Cota:25 €

MACRAMÉ E TEAR DE BASTIDOR *

(tapices, bolsos, pulseiras...)
Duración:Do 04/10/2024 ao 13/12/2024
Horario:VENRES, de 16:30 h a 18:30 h
Nº prazas:15
Lugar:CENTRO CULTURAL
Cota:25 €
 

25 NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO:

ANDAINA POPULAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Data celebración:24/11/2024
Horario:DOMINGO, ás 11:00 h
 
OBRADOIRO DE EDUCACIÓN EMOCIONAL
Horario:LUNS día 25, de 16:30 h a 19:30 h
Lugar:Salón de Actos da CASA DA CULTURA