Programa de ocio verán 2024

OUTRAS ACTIVIDADES CULTURAIS E FESTAS

XXIV FESTA DOS NENOS

(inchables e festa da escuma)
Data celebración:VENRES, 7 DE XUÑO
Horario:A PARTIR DAS 16:30 h
Lugar:PRAZA DA VILA
Se fai mal tempo esta celebración trasladárase ao pavillón municipal de deportes

XXX FESTA DOS XUBILADOS

Data celebración:VENRES, 5 DE XULLO
Horario:MISA SOLEMNE ÁS 13:30 h
Lugar:ÁREA RECREATIVA DE SANTA ISABEL

XVI FEIRA DA ARTESANÍA

Data celebración:SÁBADO, 6 DE XULLO
Horario:A PARTIR DAS 10:00 h
Lugar:PRAZA DO CONCELLO, RÚAS DO CENTRO E ÁREA RECREATIVA DE SANTA ISABEL

ACTUACIÓN DA BANDA DE MÚSICA SONS E SOÑOS E BANDA DE MÚSICA DE VALENCIA

Data celebración:SÁBADO, 20 DE XULLO
Horario:ÁS 17:30 h
Lugar:ÁREA RECREATIVA DE SANTA ISABEL
Requisitos:GRATUÍTA

A TER EN CONTA:

O prazo de inscrición permanecerá aberto do 3 ao 14 de xuño ou ata cubrir prazas.

As prazas cubriranse sempre por rigorosa orde de solicitude, tendo preferencia as persoas do municipio con respecto ás de fóra.

As cotas aboaranse dentro do prazo de inscrición; as persoas non empadroadas en Outeiro de Rei aboarán as seguintes cotas a maiores da establecida: cursos de  2 meses, 10 €, cursos de 3 a  4 meses, 20 € e de 5 meses en diante, 30 €. Non se reintegrará o importe das cotas salvo que a actividade se suspenda a iniciativa do Concello.

A celebración da totalidade das actividades previstas ou a posible modificación das mesmas queda supeditada á demanda que exista (que non poderá ser inferior ao 50% das prazas ofertadas na actividade) ou a imprevistos que poidan xurdir.

Podes obter máis información chamando ao 982 39 34 08 ou na páxina web municipal  outeiroderei.gal