Programa de ocio

Programa de Actividades para Persoas Maiores 2021/2022

REQUISITOS A TER EN CONTA:

  • Ser maior de 60 anos e estar xubilado ou ser pensionista; igualmente poderán acceder ás actividades as persoas con 65 ou máis anos independentemente de que estean xubiladas ou non.
  • No caso de que o/a acompañante sexa o cónxuxe, este poderá inscribirse ainda que non cumpra o anterior requisito como acompañante para as viaxes ou comidas que se celebren.
  • Estar empadroado/a no Concello de Outeiro de Rei.
  • As persoas perceptoras de pensións non contributivas para ter dereito á cota reducida terán que acreditar dita situación mediante certificado acreditativo que se pode solicitar no departamento de Servizos Sociais do Concello.
  • As prazas cubriranse por rigorosa orde de solicitude; a celebración da totalidade das actividades previstas ou a posible modificación das mesmas, queda supeditada á demanda que exista ou imprevistos que poidan xurdir.
  • É obrigatorio o uso da máscara en todas as actividades. O Concello porá a disposición d@s participantes xel hidroalcohólico que haberá que botar á entrada da actividade.
  • Priorizarase o uso de material propio nas actividades, no caso de compartir material este desinfectarase antes e despois do seu uso.
  • As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades previstas terán que realizar a inscrición na CASA DA CULTURA de Outeiro de Rei nos seguintes prazos:
    • Para as actividades do ano 2021, do 26 de xullo ao 10 de agosto.
    • Para as actividades do ano 2022 o prazo de inscrición estará aberto nos 20 días anteriores ao inicio da actividade.
  • A celebración da totalidade das actividades previstas ou a posible modificación das mesmas queda supeditada á demanda existente ou a posibles imprevistos que poidan xurdir derivados da situación sanitaria pola covid-19.

COIDA OS TEUS PÉS

Duración:

Do 01/09/2021 ao 27/07/2022

Horario:

MÉRCORES, de 09:20 h a 13:00 h

Nº Prazas:

12 (límite de pacientes por día)

Lugar:

Centro médico de Outeiro de Rei

Cota:

3 € / consulta (perceptores de pensións non contributivas)
5 € / consulta (resto de usuarios)
10 €/consulta persoas non empadroadas en Outeiro de Rei (suxeito a dispoñibilidade de prazas)
Previa cita no tlfno.: 982 393 281

MANEXO BÁSICO DO MÓBIL E DE INTERNET

Duración:

Do 20/09/2021 ao 17/11/2021

Horario:

LUNS e MÉRCORES, de 16:30 h a 18:00 h

Nº Prazas:

12

Lugar:

Centro Cultural

Cota:

Gratuíta

DE EXCURSIÓN A...

A ESTRADA: Pazo de Oca e SANTIAGO DE COMPOSTELA

Data:

MÉRCORES, 23/03/2022

Horario:

De 09:30 h a 19:30 h

Nº Prazas:

40

Lugar saída:

Praza do Concello

Cota:

Bus gratuíto

A viaxe inclúe a visita aos xardíns do Pazo; xantar en Santiago.

VILANOVA DOS INFANTES: Romaría etnográfica RAIGAME

Data:

MARTES, 17/05/2022

Horario:

De 09:00 h a 20:00 h

Nº Prazas:

40

Lugar saída:

Praza do Concello

Cota:

Bus gratuíto

A viaxe inclúe a visita ao mosteiro de Celanova (1,50 €/persoa).

TALLER DE MEMORIA

Duración:

Do 06/04/2022 ao 27/04/2022

Horario:

MÉRCORES, de 10:30 h a 12:00 h

Nº Prazas:

12

Lugar:

Casa da Cultura

Cota:

Gratuíta