Programa de ocio

ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA MULLER 2022

Actividades de promoción da Muller

A TER EN CONTA:

  • Nas actividades marcadas cun asterisco (*), o prazo de inscrición estará aberto do 8 ao 25 de febreiro ou ata cubrir a oferta de prazas. As prazas cubriranse sempre por rigorosa orde de solicitude, tendo preferencia as persoas empadroadas neste municipio con respecto ás de fóra.

  • A cota a pagar deberá facerse efectiva dentro do prazo de inscrición; as persoas non empadroadas en Outeiro de Rei terán que aboar as seguintes cotas a maiores da establecida: cursos de ata 2 meses, 10 € e cursos de 3 a 4 meses, 20 €. Non se reintegrará o importe das cotas salvo que a actividade se suspenda a iniciativa do Concello.

  • As actividades previstas para mulleres nas que non se cubran as prazas ofertadas poderán ser cubertas por homes. Tres faltas de asistencia inxustificadas en actividades con lista de espera, dará lugar a causar baixa na actividade.

  • É obrigatorio o uso da máscara en todas as actividades. Os protocolos sanitarios poden variar se así o establecen os organismos competentes.

  • A celebración da totalidade das actividades previstas ou a posible modificación das mesmas, queda supeditada á demanda que exista (que non poderá ser inferior ao 50% das prazas ofertadas na actividade) ou imprevistos que poidan xurdir.

  • Podes deixar a túa opinión sobre esta programación, outras posibles actividades ou calquera suxestión en materia de igualdade no CORREO DA IGUALDADE que atoparás na web municipal.

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 25/02/2022 NAS ACTIVIDADES MARCADAS CUN ASTERISCO *

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Presentación do vídeo: 8M-8 MULLERES. CONCELLO DE OUTEIRO DE REI. Coloquio posterior

Data:

08/03/2022

Horario:

MARTES, ás 17:00 h

Lugar:

CASA DA CULTURA

ELABORACIÓN DE XABÓNS E COSMÉTICA NATURAL *

Duración:

Do 08/03/2022 ao 31/05/2022

Horario:

MARTES, de 19:30 h a 21:00 h

Nº prazas:

15

Lugar:

PELUQUERÍA-BIO (OUTEIRO DE REI)

Cota:

25 €

XARDINERÍA E COIDADO DA CONTORNA DAS NOSAS CASAS *

Duración:

Do 17/03/2022 ao 26/05/2022

Horario:

XOVES, de 16:30 h a 18:30 h

Nº prazas:

15

Lugar:

CENTRO CULTURAL DE ROBRA

Cota:

25 €

DE FEIRA Á FEIRA DE MELIDE E Á FESTA DO MELINDRE *

Data:

08/05/2022

Horario:

DOMINGO, de 10:00 h a 19:30 h

Nº prazas:

53

Lugar saída:

PRAZA DO CONCELLO

Cota:

Bus gratuíto

TALLER DE REPARACIÓNS BÁSICAS NO FOGAR *

(electricidade, fontanería, bricolaxe, reparación de aparellos eléctricos…)

Duración:

Do 21/05/2022 ao 11/06/2022

Horario:

SÁBADOS, de 10:00 h a 12:30 h

Nº prazas:

15

Lugar:

ESPAZO DE AUTORREPARACIÓN E INTERCAMBIO DE OBXECTOS

Cota:

25 €

OBRADOIRO DE ARTE FLORAL *

Duración:

Do 01/06/2022 ao 22/06/2022

Horario:

MÉRCORES, de 17:00 h a 19:30 h

Nº prazas:

15

Lugar:

CENTRO CULTURAL DE ROBRA

Cota:

25 €

TAEKWONDO

Duración:

Do 12/09/2022 ao 14/12/2022

Horario:

LUNS E MÉRCORES, de 20:00 h a 21:00 h

Nº prazas:

15

Lugar:

XIMNASIO/ PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES

Cota:

25 €

FORMACIÓN EN NOVAS TECNOLOXÍAS

Banca electrónica; sinatura electrónica; declaración da renda; comercio electrónico; ciberseguridade; aplicacións para móbiles; videochamadas (Zoom, Skipe…); apps que fan a vida máis doada (Bizum, Evernote, Google Keep e códigos QR).

Duración:

Do 16/09/2022 ao 28/10/2022

Horario:

XOVES E VENRES, de 19:00 h a 21:00 h (horario modificable en función de demanda)

Nº prazas:

15

Lugar:

AULA INFORMÁTICA (CENTRO CULTURAL)

Cota:

25 €

OBRADOIRO DE MULLER E SAÚDE (ESCOLA GALEGA DE SAÚDE)

Data:

07/11/2022

Horario:

LUNS, de 16:30 h a 20:30 h

Nº prazas:

25

Lugar:

CASA DA CULTURA

Cota:

Gratuíto

As persoas interesadas que se inscriban na charla terán dereito a un certificado emitido polo SERGAS.

25 NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

ANDAINA POPULAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Data:

26/11/2022

Horario:

SÁBADO, ás 11:00 h

Lugar saída:

PRAZA DO CONCELLO