Programa de ocio

ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA MULLER 2021

actividades-muller-2021

A TER EN CONTA:

  • Nas actividades marcadas cun asterisco (*), o prazo de inscrición estará aberto do 6 ao 20 de abril ou ata cubrir a oferta de prazas. As prazas cubriranse sempre por rigorosa orde de solicitude, tendo preferencia as persoas empadroadas neste municipio con respecto ás de fóra.
  • A cota a pagar deberá facerse efectiva dentro do prazo de inscrición; as persoas non empadroadas en Outeiro de Rei terán que aboar as seguintes cotas a maiores da establecida: cursos de 2 meses, 10 € e cursos de 3 a 4 meses, 20 €. Non se reintegrará o importe das cotas salvo que a actividade se suspenda a iniciativa do Concello.
  • As actividades previstas para mulleres nas que non se cubran as prazas ofertadas poderán ser cubertas por homes. Tres faltas de asistencia inxustificadas en actividades con lista de espera dará lugar a causar baixa na actividade.
  • Para as actividades on line será preciso ter acceso a internet (preferiblemente a través de PC) e unha conta de correo electrónico.
  • Nos cursos de novas tecnoloxías, as persoas interesadas poderán realizar a totalidade da formación proposta para cada un deles ou parte; non obstante, a cota de inscrición será a mesma con independencia do número de actividades que se soliciten.
  • É obrigatorio o uso da máscara en todas as actividades. O Concello porá a disposición d@s participantes xel hidroalcohólico en todos os locais que haberá que botar á entrada da actividade.
  • A celebración da totalidade das actividades previstas ou a posible modificación das mesmas, queda supeditada á demanda que exista ou imprevistos que poidan xurdir.

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 20/04/2021 NAS ACTIVIDADES MARCADAS CUN ASTERISCO *

FORMACIÓN EN NOVAS TECNOLOXÍAS (III) On line

Dixitalización de documentos (2 h); retoque de imaxes (6 h); apps que fan a vida máis doada (Bizum, Evernote, Google Keep e códigos QR) (4 h); Whatsapp, Telegram...( 3 h); ciberseguridade (4 h).

Duración:

DO 10 DE NOVEMBRO AO 16 DE DECEMBRO

Horario:

MÉRCORES E XOVES DE 20:00 h A 21:30 h /22:00 h

Nº prazas:

30

Requisitos:

ABOAR COTA DE 15 €

25 DE NOVEMBRO, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

Charla:

CHARLA: PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO E DA DISCRIMINACIÓN CONTRA A MULLER

Horario:

XOVES, ás 17:00 h

Lugar:

Salón de Actos da CASA DA CULTURA