Programa de ocio

ACTIVIDADES TEMPADA 2021-2022

Vídeo actividades 2020

A TER EN CONTA:

O prazo de inscrición nas actividades permanecerá aberto do 20 de outubro ao 5 de novembro ou ata cubrir prazas.

As prazas cubriranse sempre por rigorosa orde de solicitude, tendo preferencia as persoas do municipio con respecto ás de fóra.
As cotas aboaranse dentro do prazo de inscrición; as persoas non empadroadas en Outeiro de Rei aboarán as seguintes cotas a maiores da establecida: cursos de 2 meses, 10 €; cursos de 3 a 4 meses, 20 € e cursos de 5 meses en diante, 30 €.
Non se reintegrará o importe das cotas salvo que a actividade se suspenda a iniciativa do Concello.
A celebración da totalidade das actividades previstas ou a posible modificación das mesmas queda supeditada á demanda existente ou a posibles imprevistos que poidan xurdir pola situación sanitaria da covid-19.
É obrigatorio o uso de máscara en todos os cursos.
Priorizarase o uso de material propio nas actividades, no caso de compartir material este desinfectarase antes e despois do seu uso.
O Concello porá a disposición d@s participantes xel hidroalcohólico en todos os locais que haberá que botar á entrada da actividade.
Podes obter máis información chamando ao 982 39 34 08.
Os protocolos sanitarios poden variar se así o establecen os organismos competentes.