Programa de ocio

Vídeo actividades 2020

ACTIVIDADES DE VERÁN 2021

A TER EN CONTA:

  • O prazo permanecerá aberto do 15 ao 31 de marzo ou ata cubrir prazas.
  • As prazas cubriranse sempre por rigurosa orde de solicitude, tendo preferencia ás persoas do municipio con respecto ás de fóra.
  • As cotas aboaranse dentro do prazo de inscrición; as persoas non empadroadas en Outeiro de Rei aboarán as seguintes cotas a maiores da establecida: curso de 2 meses, 10€ e cursos de 3 a 4 meses, 20€. Non se reintegrará o importe das cotas salvo que a actividade se suspenda a iniciativa do Concello.
  • A celebración da totalidade das actividades previstas ou a posible modificacián das mesmas queda supeditada á demanda existente ou a posibles problemas que poidan xurdir pola situación sanitaria da Covid-19.
  • Priorizarase o uso de material propio nas actividades, no caso de compartir material este desinfectarase antes e despois do seu uso.
  • É obrigatorio o uso de máscara en todos os cursos. O Concello porá a disposición d@s participantes xel hidroalcohólico en todos os locais que haberá que botar a entrada da actividade.
  • Podes obter máis información chamando o 982 39 34 08 ou na páxina web municipal outeiroderei.gal.