24/10/2022

O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ACADA A SÚA SEGUNDA BANDEIRA VERDE

Bandeira verde 2022

A Xunta de Galicia vén de recoñecer 15 concellos como territorios responsables coa concesión da Bandeira Verde, un distintivo que ten por obxecto enxalzar as boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe.

O acto de entrega dos distintivos tivo lugar o pasado 21 de outubro en Sober e no mesmo estivo presente  o alcalde, José Pardo Lombao,  que recolleu a bandeira verde por segundo ano consecutivo da man da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez.


 

22/10/2021

OUTEIRO DE REI RECIBE A BANDEIRA VERDE OUTORGADA POLA XUNTA DE GALICIA

Galicia verde

Este mércores tivo lugar na praza da vila de Outeiro de Rei o acto de entrega de Bandeiras Verdes de Galicia promovido pola Xunta de Galicia e das que foron merecedores os Concellos de Outeiro de Rei, Mondoñedo, Alfoz, Sober, Curtis, Moaña, Ordes, Parade de Sil e Porto do Son.

O acto que foi presidido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, significa o recoñecemento que o Goberno autonómico realiza para distinguir a aquelas entidades locais que fan unha labor de mantemento da paisaxe e de compromiso pola xestión dos residuos, na loita polo cambio climático e a eficiencia enerxética sen esquecer a importancia que ten a implicación da cidadanía na consecución de todos estes obxectivos.

As bandeiras foron recollidas polos representantes dos respectivos Concellos e o alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo Lombao, na súa intervención agradeceu o recoñecemento “a este concello do interior, un municipio pequeno pero que ten crecemento nos últimos anos, que demostra que é posible asentar poboación no rural e ter un crecemento sostible».