Programa de ocio

Programa de Actividades para Persoas Maiores 2022/2023

Requisitos a ter en conta:

  • Ser maior de 60 anos e estar xubilado ou ser pensionista; igualmente poderán acceder ás actividades as persoas con 65 ou máis anos independentemente de que estean xubiladas ou non.
  • No caso de levar un/ha acompañante, este poderá inscribirse aínda que non cumpra o anterior requisito nas viaxes ou comidas que se celebren.
  • Estar empadroado/a no Concello de Outeiro de Rei.
  • As persoas perceptoras de pensións non contributivas para ter dereito á cota reducida terán que acreditar dita situación mediante certificado acreditativo que se pode solicitar no departamento de Servizos Sociais do Concello.
  • As prazas cubriranse por rigorosa orde de solicitude
  • As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades previstas terán que realizar a inscrición na CASA DA CULTURA de Outeiro de Rei nos seguintes prazos:
    • Para as actividades do ano 2022, do 5 de xullo ao 22 de xullo.
    • Para as actividades do ano 2023 o prazo de inscrición será o mesmo que se estableza para as actividades de inverno.
  • A celebración da totalidade das actividades previstas ou a posible modificación das mesmas queda supeditada á demanda existente ou a posibles imprevistos que poidan xurdir.

XXVIII FESTA DOS XUBILADOS

Data:

VENRES, 01/07/2022

Lugar:

CAMPO DE SANTA ISABEL

Cota:

5 € (xubilados ou pensionistas)
20 € (acompañantes que non reúnan o requisito anterior)

COIDA OS TEUS PÉS

Duración:

Do 07/09/2022 ao 26/07/2023

Horario:

MÉRCORES, de 09:20 h a 13:00 h

Nº prazas:

12 (límite de pacientes por día)

Lugar:

Centro médico de Outeiro de Rei

Cota:

3 € / consulta (perceptores de pensións non contributivas)
5 € / consulta (resto de usuarios)
10 €/consulta persoas non empadroadas en Outeiro de Rei (suxeito a dispoñibilidade de prazas)
Previa cita no tlfno.: 982 393 281

XIMNASIA PARA MAIORES

Duración:

Do 13/09/2022 ao 20/12/2022 (1° grupo)
Do 17/01/2023 ao 18/05/2023 (2° grupo)

Horario:

MARTES e XOVES, de 10:15 h a 11:15 h

Nº prazas:

20

Cota:

5 € (perceptores de pensións non contributivas)
10 € (resto de usuarios)

SÁCALLE PARTIDO AO TEU MÓBIL (SMARTPHONE)

Duración:

Do 19/09/2022 ao 16/11/2022

Horario:

LUNS e MÉRCORES, de 16:30 h a 18:00 h

N° prazas:

12

Lugar

Centro Cultural

Cota:

Gratuíta

DE EXCURSIÓN A...

- LOURENZÁ: Feira da Faba de Lourenzá

Data:

SÁBADO, 01/10/2022

Horario:

De 10:00 h a 19:00 h

Nº prazas:

40

Lugar saída:

Praza do Concello

Cota:

Bus gratuíto

Na viaxe pódese visitar o Museo de Interpretación da Faba.

- OURENSE: Festa dos MAIOS

Data:

DOMINGO, 07/05/2023

Horario:

De 09:30 h a 19:30 h

Nº prazas:

40

Lugar saída:

Praza do Concello

Cota:

Bus gratuíto

Festa de interese turístico de Galicia.

TALLER DE MEMORIA

Duración:

Do 01/03/2023 ao 26/04/2023

Horario:

MÉRCORES, de 10:00 h a 11:30 h

Nº prazas:

12

Lugar:

Casa da Cultura

Cota:

Gratuíta